O alcalde garante a apertura da UNED no Auditorio Mar de Vigo

Imprimir cemv - 13-Marzo-2017 - 20:53:50 

uned

A Avogacía do Estado estudou as concesións portuarias, tamén a do Mar de Vigo, e establece "precisións", explicou Caballero, sobre o uso do edificio como sede viguesa da UNED, informe que analizan os xurídicos municipais pero que "non ten ningunha relevancia" nin presenta "ningunha dificultade" para a apertura da Universidade no Mar de Vigo. 


O alcalde de Vigo informou que os servizos xurídicos do Concello estudan o informe da Avogacía do Estado sobre a concesión portuaria ao Mar de Vigo, unhas "precisións" ao uso educativo que "se van resolver" e non presentan "ningunha relevancia" nin "ningunha dificultade" para a apertura da sede viguesa da UNED no Mar de Vigo. 
A propia Avogacía do Estado estipula no seu informe como se tería que resolver, segundo recordou Abel Caballero, quen garantiu que haberá acordo "se é preciso cambiar a situación", xa que "pode ser que nin sequera sexa preciso". 

O goberno de Vigo está actualmente a acometer obras de adaptación no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo para acoller a sede viguesa da UNED e unha gran sala de lectura con preto de cincocentos postos, a que será a máis grande de Vigo, aberta a toda a cidadanía. 

O acondicionamento destes espazos corre a cargo do Concello de Vigo e está sufragado pola Deputación de Pontevedra. A entidade presidida por Carmela Silva adica á mellora 466.000 euros máis outros 200.000 para a dotación de elementos, útiles e mobiliario. 

O Concello de Vigo xa conseguiu para a UNED viguesa trece titulacións. Abel Caballero xa manifestou que a intención do goberno que encabeza é reclamar as carreiras restantes para ter na cidade toda a oferta educativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia. 

<<Xuño  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto