O Concello apoia unha iniciativa de Fundación Telefónica para desenvolver un proxecto TIC con todos os institutos de Vigo

Imprimir cemv - 16-Outubro-2013 - 18:17:25 

 
Encontro directores Thing Big Schools

O alcalde de Vigo, acompañado polo director de Fundación Telefónica, Joan Cruz, mantivo un encontro con directores de institutos vigueses para presentarlles un proxecto de novas tecnoloxías. O Think Big schools forma a mozos de 16 e 17 anos no deseño, creación e posta en marcha de empresas dixitais. 

Abel Caballero e o director de Fundación Telefónica mantiveron un encontro con directores de ensino secundario da cidade para propoñerlles sumarse ao Think Big schools, un proxecto de formación en novas tecnoloxías. Durante a reunión, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Fomento e o de Emprego, David Regades e Santos Héctor, respectivamente, o rexedor eloxiou unha iniciativa que forma a estudantes de 16 e 17 anos en todas as fases de desenvolvemento dunha empresa dixital. 

Vigo, resaltou o rexedor na posterior rolda de prensa, é a primeira cidade de España en estender esta experiencia a todos os institutos de ensino medio, logo de que se fixera unha proba nun centro da cidade. O rexedor lembrou que ao ver o éxito do programa, él mesmo insistiu na posibilidade de facilitar o acceso a todos os institutos. O obxectivo de Thing Big Schools Fundación Telefónica é ensinar aos mozos a desenvolver un proxecto TIC desde a súa concepción ata a súa posta en marcha, iniciándoos non espíritu emprendedor e trasladándolles as claves da cultura da empresa.

Os cursos, impartidos por profesionais voluntarios de Telefónica, desenvólvense en duás xornadas de 5 horas de duración nas que os mozos son instruidos no traballo en equipo e en todos os procesos de creación dunha empresa dixital -desde a súa concepción, análise DAFO, presentación a posibles inversores e incluso linguaxe html para a elaboración dunha páxina web.

Actualmente, o programa levase a cabo en outras catro cidades españolas, ademais doutros cinco países europeos: Reino Unido, Irlanda, Alemania, República Checa e Eslovaquia    

<<Setembro  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto