O Concello oferta 5.000 prazas en 26 modalidades deportivas para os escolares de Vigo

Imprimir cemv - 10-Setembro-2013 - 13:30:10 

escolas depostivas vigo

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a semana pasada o Programa Municipal de Escolas Deportivas deste curso, un total de 5.000 prazas en 26 opcións deportivas distintas para os nados entre 1997 e 2007.

O Programa Municipal de Escolas Deportivas, organizado e coordinado polo Concello de Vigo e o IMD coa colaboración de 46 entidades, procura fomentar a práctica deportiva regular entre os máis novos.

Segundo detallou Caballero, entre os obxectivos desta iniciativa está a promoción da actividade deportiva entre a poboación en idade escolar, a educación en valores de cooperación e solidariedade e a potenciación das capacidades físico-deportiva dos rapaces e rapazas.

A proposta do Concello programa 26 modalidades deportivas a desenvolver nun total de 18 instalacións deportivas, cun investimento municipal de 289.000 euros. Como novidade este ano con respecto ao pasado, no que participaron 4.000 escolares, o Concello incorpora dúas novas instalacións deportivas -os pavillóns de Candeán e de Coruxo- e incrementa o número de prazas para natación sincronizada pola alta demanda rexistrada, pasando de 90 a 130 vacantes.

Os interesados poderán formalizar a matrícula desde a un prezo por cada modalidade de 42,2 euros salvo a natación sincronizada -108,8 euros-. Quedan exentos do pago os alumnos/as de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 3.827 euros, 5.987 euros no caso de familias numerosas.



<<Novembro  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto