IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Imprimir cemv - 24-Maio-2013 - 18:28:59 


Xornadas Teatro escolar
Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ao longo do período no que se organizan estas IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 

A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares.

Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademais de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado.   




<<Xuño  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto