Acordos adoptados polo Consello Escolar Municipal de Vigo na primeira xuntanza do 2013

Imprimir cemv - 23-Abril-2013 - 00:58:31 



Pleno 18_04_13

O pasado 18 de abril de 2013, reuniuse no Instituto Municipal de Educación en sesión plenaria o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Nesta sesión adoptáronse os seguintes acordos:

1. Aprobar a  moción sobre a LOMCE  presentada pola  Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (13 votos fronte a 2 en contra). Con esta moción, o Pleno do Órgano Colexiado rexeita por completo o Anteproxecto de Lei, LOMCE, xa que entre outras cousas supón: O reforzo das atribucións do goberno central e a redución de competencias das Comunidades Autónomas. A perda do carácter representativo e decisorio dos Consellos Escolares, como únicos órganos que poñen en contacto aos diferentes actores sociais da totalidade da Comunidade Educativa dun Concello/Escola/Instituto, etc. A volta ao protagonismo educativo das reválidas. A consideración da calidade educativa como empregabilidade, non tendo en conta o necesario para chegar á calidade, destacando o aumento de inversión de diñeiro público no ensino privado. A valoración da competitividade fronte á solidariedade. Non defende unha educación integral da persoa. Esquece o diagnóstico previo do alumnado e o seu desenvolvemento persoal en destrezas emocionais, sociais, artísticas e en capacidade crítica.    
Ademais, considérase ideoloxizante. Prima as materias do informe Pisa, as instrumentais, sen argumentación pedagóxica contrastada. Aumenta os contidos confesionais en detrimento da educación en valores democráticos. Afonda no aumento da segregación, que ademais de social tamén será escolar (pedagóxica, cultural e lingüística). Carece de medidas que favorezan a continuidade no sistema escolar, fagan efectiva a inclusión da diversidade, combatan o fracaso escolar e aspiren á excelencia.

 2. Aprobar a  moción sobre a comedores presentada pola  Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos fronte a 1 en contra). Con esta moción, o Pleno do Órgano colexiado rexeita proxecto de decreto de comedores escolares da Consellería de Educación. Este decreto establece a continuidade da xestión directa e a responsabilidade da contratación e xestión integral polas ANPAS, así como a atención e coidado do alumnado por estas coas súas propias e específicas pólizas de seguro, desentendéndose dos comedores xestionados actualmente polas ANPAS;  pretende implicar na xestión ás propias familias usuarias, colectivos e asociacións afectados;  limita a gratuidade ao alumnado en exclusión social, vítimas de terrorismo e de violencia de xénero acreditadas, e de rendas netas inferiores aos 7.000€ anuais per cápita;  establece pagamento por servizo de comedor roldando os 90€ mensuais en, por exemplo, familias monoparentais cun fillo/a e ingresos netos desde 18.000,02€ anuais (9.000,01 per cápita); 180€ por dous fillos, etc.;  limita o servizo á comida do mediodía; con este proxecto de decreto, a Consellería esquece a súa propia responsabilidade sobre o alumnado que acolle durante a xornada escolar.  O pleno do CEMV de Vigo rexeita o proxecto de novo Decreto de comedores escolares polas razóns referidas, e insta á Consellaría e á Xunta a conseguir o máximo consenso parlamentario posible en materia educativa, establecendo as condicións e o marco normativo que aseguren, por parte da Administración educativa, un servizo de comedor escolar realmente favorecedor da igualdade educativa, social, de xénero e de oportunidades nos centros públicos, asumindo polo tanto os comedores escolares de todos os centros públicos.          
 
3. Ratificar o acordó adoptado o 19 de xaneiro de 2011 por este órgano e no que se aprobaba facer un recoñecemento expreso ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e González e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.     


<<Novembro  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto