imaxe Convive Xogando

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas. 
As xornadas celebraranse os vindeiros 25 e 26 de febreiro no Auditorio Municipal e están dirixidas a alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e de 1º e 2º da ESO. Poden descargar o programa no seguinte enlace: Programa.
Para poder participar cómpre remitir cuberta a ficha de inscrición que se achega antes do 20 de febreiro de 2019 ao seguinte enderezo de correo electrónico: cemv@vigo.org. Dado que o número de prazas é limitado, de ser o caso, atenderase ao criterio como a rigorosa orde de solicitude.
 O Servizo Municipal de Educación a través do seu programa educativo "Vigo Educa", aportará transporte de balde para asumir os desprazamentos dos escolares asistentes ás xornadas "Convive Xogando".    
 

O pasado 22 de novembro  reuniuse no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME) en sesión plenaria, o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) formado por representantes elixidos de todos os sectores da educación -administracións públicas, ANPAs, profesorado, alumnado, entidades veciñais, empresarios, sindicatos e asociacións vinculadas ao mundo do ensino. Presidiu esta sesión plenaria a Concelleira delegada de educación Olga Alonso Suárez, que aproveitou a ocasión para transmitirlles aos presentes o total compromiso que o Concello de Vigo ten co ensino e a intención desta Concellería de Educación de seguir traballando e apostando decididamente na procura da mellora da calidade do ensino.

Entre os acordos que se adoptaron nesta sesión cabe salientar os seguintes:

  • Aprobar a Memoria Anual da Actividade do CEMV durante o curso 2017-2018. Esta Memoria, que se elabora ao remate de cada curso lectivo escolar por mandato estatutario, recolle cal foi a actuación do CEMV durante o curso, explicando de xeito conciso cada unha das principais actuacións levadas a cabo por este órgano colexiado.
  • Aprobar os plans de traballo anual das Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa e Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa. A primeira centrará os seus esforzos na zonificación de Vigo e a segunda na celebración dunhas xornadas de Convivencia e Deporte para público escolar que se celebrarán no mes de febreiro de 2019. 
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) a moción de Foanpas  presentada a través da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa sobre a adopción das medidas oportunas para garantir unha educación inclusiva e de calidade, na que se dea resposta ás necesidades de todo o alumnado e na poña en valor a labor dos/as docentes
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) a moción de Santiago Rodríguez Sánchez, Conselleiro polo sector docente CIG-E presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha nova proposta de zonificación que responda aos intereses e necesidades de Vigo.
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) as mocións de Foanpas presentadas a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa solicitando que se inste á Consellería de Educación a adecuar a oferta de formación profesional á demanda e se amplíe naqueles ciclos que sexa preciso e que se acondicionen  as instalacións dos centros de ensino para que a temperatura que se acade nas aulas permita desenvolver a actividade educativa con normalidade.
  • Aprobar por unanimidade a moción de Foanpas presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha actuación integral no entorno da zona do Berbés-Torrecedeira,  co fin de reparar a situación que se leva dando os últimos anos e que está a afectar á convivencia na zona, así como a repercusión que ten na imaxe da cidade.
  • Aprobar por unanimidade a moción de Foanpas presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha actuación integral no entorno da zona do Berbés-Torrecedeira,  co fin de reparar a situación que se leva dando os últimos anos e que está a afectar á convivencia na zona, así como a repercusión que ten na imaxe da cidade.
  • Aprobar por unanimidade as mocións de Pilar Álvarez Rey, Conselleira polo sector social, representante de directores/as de Ed. Primaria,presentada  a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre o servizo de limpeza nos centros de ensino e solicitando que se aumente a dotación de Autoxestión para os centros e que veña en tempo, posto que de xaneiro a maio non teñen cartos desta partida para arranxos de mantemento nos colexios.

 

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Este ano, tal e como sucedeu en anteriores convocatorias, haberá un total de 5.000 alumnos con beca. O Concello de Vigo inviste 1,2 millóns de euros.

O Concello de Vigo investirá este ano un total de 1,2 millóns de euros en becas de comedor e libros para os alumnos vigueses. Tal e como avanzou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. O prazo para as solicitudes aínda non está aberto e deberá esperar á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).


<<Agosto  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto