Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo programa as obras de teatro en inglés para escolares “SNOWGIRL” e “GULLIVER IN LILIPUT”

A campaña didáctica de teatro en inglés para escolares que se inclúe no programa educativo municipal “VIGO ACTIVITIES 2010” leva a escea este venres 17 dúas funcións matinais de “Snowgirl” e remata os vindeiros luns 20 e martes 21 de decembro coa escenificación de catro funcións matinais, todas elas no Auditorio Helios de Bembrive.
Está previsto que asistan a estas 6 funcións de teatro en inglés especialmente deseñada para o seu uso didáctico, 1800 escolares vigueses de 1º a 6º de educación primaria de 31 centros de ensino da nosa cidade.

Coa implementación de “Vigo Activities 2010-2011”, o Servizo de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do
alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas á realidade do alumnado; e para elo estas propostas teatrais contan cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

Máis información no enlace da páxina web municipal http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_pili.php?lang=gal#Vigoactivities