Categorías
Educación Vigo

Educación do Concello de Vigo programa 30 visitas didácticas en inglés da actividade “COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN”


 No marco do programa educativo municipal “VIGO ACTIVITIES 2010-2011” está previsto que nestos catro itinerarios: Castro, Casco Vello, Vigozoo e Zona Marítima,  dinamizados por persoal nativo e especialmente pensadas para o seu uso didáctico, participen preto de 1200 escolares de 2º e 3º ciclo de primaria de 32 centros de ensino da nosa cidade.
Servizo de Educación do Concello de Vigo formula no marco do Programa Educativo Municipal "Aulas Internacionales", unha nova edición da iniciativa didáctica "Vigo Activities 2010-2011" coa finalidade de ofertar aos centros de educación primaria da nosa cidade distintas propostas de actividades que intentan contribuír á mellora da competencia da lingua inglesa. 

Estas actuacións didácticas de aplicación no marco do horario lectivo escolar e dinamizadas por persoal nativo e bilingüe, están deseñadas coa clara intencionalidade de propiciar no alumnado un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión lingüística, para mellorar os seus hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar o labor do profesorado por implicar un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

Máis información en: