RESULTADOS DO PROCESO ELECTORAL DO ALUMNADO REPRESENTANTE NO CEMV

Tras o parón na actividade no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) causado pola situación de emerxencia sanitaria, rematouse agora o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estaban convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo. A seguir, móstrase o nome dos catro candidatos…

Seguir lendo

CANDIDATURAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE VIGO

  No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 9 de marzo, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de ensino. NOME APELIDOS CURSO…

Seguir lendo

CANDIDATURAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO PARA O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE VIGO

Segundo o artigo 6.3 do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen na súa totalidade. Dentro deste proceso de renovación, é preceptivo nomear catro alumnos/as que…

Seguir lendo

O Consello Escolar Municipal de Vigo, CEMV, organiza as xornadas “Convive xogando”

imaxe Convive Xogando
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas. 
As xornadas celebraranse os vindeiros 25 e 26 de febreiro no Auditorio Municipal e están dirixidas a alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e de 1º e 2º da ESO. Poden descargar o programa no seguinte enlace: Programa.

Para poder participar cómpre remitir cuberta a ficha de inscrición que se achega antes do 20 de febreiro de 2019 ao seguinte enderezo de correo electrónico: cemv@vigo.org. Dado que o número de prazas é limitado, de ser o caso, atenderase ao criterio como a rigorosa orde de solicitude.
 O Servizo Municipal de Educación a través do seu programa educativo "Vigo Educa", aportará transporte de balde para asumir os desprazamentos dos escolares asistentes ás xornadas "Convive Xogando".