Daniel Veiga Martínez foi un dos convidados que participou nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar organizadas polo CEMV. Exerce o seu traballo de orientador educativo desde 1994, labor que desempeña actualmente no IES García Barbón de Verín. Ten unha ampla traxectoria ademais en TIC aplicadas á orientación educativa, sendo pioneiro no uso do blog na orientación educativa, desde o ano 2005.
Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha excelente ferramenta creada para a autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato. Se quere consultar a súa presentación de xeito íntegro prema aquí: Presentación Xornadas Orientación escolar municipais de Vigo
Preto de 500 alumnos/as de sete centros da cidade de Vigo achegáronse o pasado martes 13 de xuño ao Auditorio Mar de Vigo para participar nas Xornadas Municipais de Orientación Escolar, organizadas conxuntamente pola Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa e pola Comisión do Alumnado do Consello Escolar Municipal de Vigo.
A xornada foi inaugurada polo Alcalde da cidade que non dubidou en falarlle ao alumnado da súa experiencia vital como estudante, animándoos na busca do seu camiño profesional. A seguir interveu Joel Covelo, Presidente da Comisión do Alumnado do CEMV, que aproveitou para chamar aos seus compañeiros e compañeiras á participación nas diferentes institucións, valéndose dos distintos mecanismos que existen para facela efectiva. Ademais, aproveitou para pórse á súa disposición como representante do alumnado neste órgano colexiado.
Tras isto, Antonio Vázquez, Vicepresidente do CEMV, presentou aos diferentes relatores.
Mª Ángeles Cortés de Dios, Diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidad Oberta de Catalunya, foi a encargada de abrir as Xornadas coa charla Xestión do talento. Partindo das premisas de que “todos temos un talento, simplemente hai que topalo” e de que “o talento que non se cultiva, pérdese”, a relatora convidou ao alumnado a afondar na busca de cales son os seus intereses, habilidades e motivacións para, a partir de aí, comezar a dirixir a súa carreira profesional.
A segunda intervención correu a cargo de Daniel Veiga Martínez, orientador educativo desde 1994 que actualmente traballa no IES García Barbón de Verín e que ten unha ampla traxectoria en TIC aplicadas á orientación educativa. Durante as Xornadas presentou o blog https://consellosentreestudantes.blogspot.com/, unha completísima ferramenta creada por el mesmo para axudar na autoorientación do alumnado da ESO e Bacharelato.
As xornadas remataron coa motivadora intervención de Raquel Pedrouso, facilitadora de procesos de aprendizaxes, motivadora e coach executivo. A motivación é o teu futuro foi o título escollido por esta Diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidad Oberta de Catalunya. A través dunha serie de dinámicas grupais levou ao alumnado presente a reflexionar sobre o futuro académico, profesional e vital desde o optimismo.
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza unhas xornadas de orientación e asesoramento educativo para estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato que empezan a ter que tomar decisións sobre o seu futuro académico. A cita será o luns 13 de xuño no Auditorio Mar de Vigo desde as 10:00h ás 12:30h.
Atendendo á demanda da Comisión de Alumnado do CEMV, queremos propiciar un espazo para a reflexión, o debate e a aprendizaxe, que estará baseado na orientación académica, orientación profesional e a xestión de aspectos psicolóxicos e motivacionais do alumnado. O obxectivo destas xornadas é que o alumnado teña a oportunidade de achegarse ao coñecemento integral dos cambios que se están a producir nos plans de estudos coa nova reforma educativa, que lles poida proporcionar estratexias e habilidades no marco educativo adaptadas ás características individuais de cada alumno/a, e todo elo na procura de axudarlles nunha axeitada toma de decisións no aspecto académico e profesional.
Os Centros educativos interesados deberán remitir antes do 04 de xuño este formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo de correo electrónico do Consello Escolar Municipal de Vigo (cemv@vigo.org).
Tras o parón na actividade no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) causado pola situación de emerxencia sanitaria, rematouse agora o proceso de elección do alumnado representante no seo deste órgano colexiado. Neste estaban convocados alumnos e alumnas de todos os centros de secundaria sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo.
No seguinte cadro preséntanse as candidaturas definitivas para representante do alumnado no Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). O alumnado presente nos Consellos Escolares de Centro elixirá a catro representantes de entre os candidatos que se enumeran a continuación. Na semana do 9 de marzo, segundo o calendario previsto, realizarase a votación nos centros de ensino.
Segundo o artigo 6.3
do Regulamento orgánico de organización e funcionamento do Consello Escolar
Municipal de Vigo (CEMV), “o mandato dos/as conselleiros/as será de
catro cursos académicos”. Transcorrido este prazo desde a constitución do
órgano colexiado, procedemos a iniciar a renovación dos membros que o compoñen
na súa totalidade.
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais “Convive Xogando”, cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas.