Categorías
CEMV

Carta da Concelleira de Educación, Laura López Atrio, aos conselleiros e conselleiras do CEMV.

Benqueridas/os concelleiras/os do CEMV:

Unha vez rematado o meu mandato como concelleira de Educación e presidenta deste órgano de participación, teño o pracer de remitirlles dous informes de síntese sobre os obxectivos e actuacións desenvolvidas dende esta concellería durante o período 2007-2011.

O primeiro corresponde literalmente coa miña intervención na sesión plenaria do CEMV o pasado día 27 de abril de 2011 e recolle, de xeito resumido, tanto as finalidades que me planteei nesta área ao comezo do mandato, como as accións e programas que se puxeron en marcha para acadalas.

O segundo, correspóndese coa miña intervención na última xuntanza da Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios, no mesmo sentido cá anterior, circunscrita ao ámbito desta centenaria institución educativa.

Desexo que con esta información poidan ter unha visión xeral ordeada da política educativa desenvolvida baixo a miña responsabilidade política e que sirvan, dalgunha maneira, como unha sintética rendición de contas diante da comunidade educativa, que considero  obrigada en todo cargo público, unha vez que ten rematado o exercizo do seu mandato.

Tanto nunha como noutra apunto non só o que se fixo, se non tamén todo aquelo que considero importante, dende a miña experiencia nestes catro anos, ter en conta e facer no futuro.

Esperando que lles sexan de utilidade, reciban un cordial e agarimoso saúdo.
Laura López Atrio
Concelleira delegada de Educación
Presidenta do CEMV