Categorías
Educación Vigo

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran o Festival de Fin de Curso

Alumnos actuando na rúa
As escolas municipais de musica e artes escénicas desenvolverán do 30 de maio ó 22 de xuño un programa de actuacións que terán como escenarios varias rúas da cidade, así como os auditorios do Concello e do Pazo de Congresos "Mar de Vigo".
O alumnado da Escola municipal de música, da Escola municipal de música folk e tradicional e da Escola municipal de teatro pretenden con estas actividades que a cidade coñeza e goce no seu proceso de formación. 
Poden consultar o calendario de actuacións aquí.