Categorías
Educación Vigo

A Comisión de Convivencia e Innovación Educativa revisa os anteproxectos de lei de convivencia e de igualdade de trato.

A Comisión de Convivencia e Innovación Educativa do Cemv, reuniuse o pasado 25 de xaneiro de 2011, con encargo de revisar e sacar unha opinión compartida con todo o Consello Escolar Municipal de Vigo acerca de:

Recoñecen a diferencia abismal que teñen ambos anteproxectos, polos ámbitos de actuación -unha é máis xeral que outra-, pero tamén polo contido das mesmas.

A Comisión Pedagóxica do Cemv, conformada por representantes de distintos sectores da comunidade educativa de Vigo, concorda co distanciamento desta lei ante medidas de convivencia, xa que se entende unha forma de regular medidas correctoras contra o acoso escolar, pero non atende nen á prevención, nen á formación integral nen á participación real e bidireccional das familias. Non fala do absentismo escolar e tampouco ten en conta o xa feito en materia de convivencia e educación emocional.
As achegas desta comisión faranse públicas para coñecemento de toda a comunidade educativa.