O Consello Escolar Municipal de Vigo, CEMV, organiza as xornadas “Convive xogando”

imaxe Convive Xogando
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas. 
As xornadas celebraranse os vindeiros 25 e 26 de febreiro no Auditorio Municipal e están dirixidas a alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e de 1º e 2º da ESO. Poden descargar o programa no seguinte enlace: Programa.

Para poder participar cómpre remitir cuberta a ficha de inscrición que se achega antes do 20 de febreiro de 2019 ao seguinte enderezo de correo electrónico: cemv@vigo.org. Dado que o número de prazas é limitado, de ser o caso, atenderase ao criterio como a rigorosa orde de solicitude.
 O Servizo Municipal de Educación a través do seu programa educativo "Vigo Educa", aportará transporte de balde para asumir os desprazamentos dos escolares asistentes ás xornadas "Convive Xogando".    

O Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo celebra a primeira sesión do curso escolar 2018-2019

O pasado 22 de novembro  reuniuse no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME) en sesión plenaria, o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) formado por representantes elixidos de todos os sectores da educación -administracións públicas, ANPAs, profesorado, alumnado, entidades veciñais, empresarios, sindicatos e asociacións vinculadas ao mundo do ensino. Presidiu esta sesión plenaria a Concelleira delegada de educación Olga Alonso Suárez, que aproveitou a ocasión para transmitirlles aos presentes o total compromiso que o Concello de Vigo ten co ensino e a intención desta Concellería de Educación de seguir traballando e apostando decididamente na procura da mellora da calidade do ensino.

Entre os acordos que se adoptaron nesta sesión cabe salientar os seguintes:

  • Aprobar a Memoria Anual da Actividade do CEMV durante o curso 2017-2018. Esta Memoria, que se elabora ao remate de cada curso lectivo escolar por mandato estatutario, recolle cal foi a actuación do CEMV durante o curso, explicando de xeito conciso cada unha das principais actuacións levadas a cabo por este órgano colexiado.
  • Aprobar os plans de traballo anual das Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa e Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa. A primeira centrará os seus esforzos na zonificación de Vigo e a segunda na celebración dunhas xornadas de Convivencia e Deporte para público escolar que se celebrarán no mes de febreiro de 2019. 
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) a moción de Foanpas  presentada a través da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa sobre a adopción das medidas oportunas para garantir unha educación inclusiva e de calidade, na que se dea resposta ás necesidades de todo o alumnado e na poña en valor a labor dos/as docentes
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) a moción de Santiago Rodríguez Sánchez, Conselleiro polo sector docente CIG-E presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha nova proposta de zonificación que responda aos intereses e necesidades de Vigo.
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) as mocións de Foanpas presentadas a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa solicitando que se inste á Consellería de Educación a adecuar a oferta de formación profesional á demanda e se amplíe naqueles ciclos que sexa preciso e que se acondicionen  as instalacións dos centros de ensino para que a temperatura que se acade nas aulas permita desenvolver a actividade educativa con normalidade.
  • Aprobar por unanimidade a moción de Foanpas presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha actuación integral no entorno da zona do Berbés-Torrecedeira,  co fin de reparar a situación que se leva dando os últimos anos e que está a afectar á convivencia na zona, así como a repercusión que ten na imaxe da cidade.
  • Aprobar por unanimidade a moción de Foanpas presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha actuación integral no entorno da zona do Berbés-Torrecedeira,  co fin de reparar a situación que se leva dando os últimos anos e que está a afectar á convivencia na zona, así como a repercusión que ten na imaxe da cidade.
  • Aprobar por unanimidade as mocións de Pilar Álvarez Rey, Conselleira polo sector social, representante de directores/as de Ed. Primaria,presentada  a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre o servizo de limpeza nos centros de ensino e solicitando que se aumente a dotación de Autoxestión para os centros e que veña en tempo, posto que de xaneiro a maio non teñen cartos desta partida para arranxos de mantemento nos colexios.

O Concello de Vigo concederá este ano 5.000 becas para comedor, libros e material escolar

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Este ano, tal e como sucedeu en anteriores convocatorias, haberá un total de 5.000 alumnos con beca. O Concello de Vigo inviste 1,2 millóns de euros.

O Concello de Vigo investirá este ano un total de 1,2 millóns de euros en becas de comedor e libros para os alumnos vigueses. Tal e como avanzou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor. O prazo para as solicitudes aínda non está aberto e deberá esperar á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Teatro escolar 2018Os días 3, 7, 8, 9 e 10 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán uns 340 actores e actrices noveis pertencentes a 10 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.


Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ademais dos centros que participan nas representacións, tamén asistirán como público uns 650 alumnos e alumnas doutros oito colexios da cidade.

A xornadas preténdense recoñecer o labor creativo que se desenvolve nos centros de ensino, ademais de tender pontes de colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.

III Jornadas de atención a la diversidad de Surgapa

 SURGAPA organiza as  III Xornadas de atención á diversidade o 13 e 14 de abril. Trátase dunhas xornadas  gratuítas dirixidas a familias e profesionais ou estudantes.  Podedes consultar o programa no seguinte enlace.

O Pleno Infantil do Concello aborda o cambio climático no Día Internacional da Infancia

O alcalde presidiu esta sesión extraordinaria coa que se conmemora o Día Internacional da Infancia 2017 e na que un centenar de estudantes do CEIP Lope de Vega e do CPR Niño Jesús de Praga expuxeron as súas preocupacións polo respecto aos Dereitos do Neno e pola evolución medioambiental do planeta, facendo fincapé na importancia da reciclaxe na cidade, do consumo responsable de auga e na redución das emisións contaminantes. Abel Caballero explicoulles as medidas tomadas ao respecto polo goberno municipal e felicitounos polas súas contribucións neste Pleno Infantil. 

O Concello convocará á ANPA do colexio Rodríguez Castelao para analizar o estado do centro

O goberno local analizará a situación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao coa ANPA dada a situación actual na que se están impartindo clases mentres se acometen "obras moi importantes e non sabemos se é a mellor decisión", apuntou o rexedor, dado o ruído e o po que producen os traballos do gran guindastre que se está utilizando. O obxectivo do Concello é estudar as circunstancias actuais do alumnado para garantir a súa saúde e a seguridade. 

O Concello dedica 1.200.000 euros a obras en centros de Infantil e Primaria

 

O alcalde informou na apertura do curso escolar, das obras realizadas polo goberno municipal nos centros escolares así como da próxima cubrición de tres patios. Ademais, explicou que hai 36 centros que participan no Plan de Tráfico municipal que dá prioridade ao transporte de escolares. 

Abel Caballero visitou hoxe o Ceip A Paz Tintureira en Coruxo coincidindo co inicio do novo curso e alí deu conta da "importante acción do Concello nos centros de Infantil e Primaria": a ampliación do comedor do Ceip Sello en Cabral, a reforma dos baños do comedor do Ceip Eduardo Pondal de Sampaio e dos baños de varios centros: o Ceip Balaídos, Emilia Pardo Bazán (Chouzo), Plurilingüe Igrexa Valadares, Escultor Acuña, Santa Tegra-Teis, Canicouva-Castrelos, Lope de Vega e Seis do Nadal.     

Calendario escolar 2017/2018

 Achégase o enlace á Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/2018, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela tedes toda a información referente aos días lectivos, festivos e períodos vacacionais.