Educación do Concello de Vigo programa 30 visitas didácticas en inglés da actividade “COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN”

Servizo de Educación do Concello de Vigo formula no marco do Programa Educativo Municipal "Aulas Internacionales", unha nova edición da iniciativa didáctica "Vigo Activities 2010-2011" coa finalidade de ofertar aos centros de educación primaria da nosa cidade distintas propostas de actividades que intentan contribuír á mellora da competencia da lingua inglesa. 

Estas actuacións didácticas de aplicación no marco do horario lectivo escolar e dinamizadas por persoal nativo e bilingüe, están deseñadas coa clara intencionalidade de propiciar no alumnado un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión lingüística, para mellorar os seus hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar o labor do profesorado por implicar un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.